Saltar ao contido principal

COMEZA A VIAXE. ENCONTRO DA MOCIDADE 2019. 1º DÍA (19/08/2019)



 CINE 3.0.

 ENCONTRO DA MOCIDADE SOUTOMAIOR 2019

DÍA 19/08/2019



Comezamos unha nova aventura na Illa de San Simón cargada de novas experiencias e misterios. Esta viaxe estará cargada de acertixos, probas, cine e por suposto moito "traballo" para poder completar as tarefas que nos marcará o equipo da "Chabola de Cartón". 

Sí sí queridos/as pais, nais e familiares, os/as vosos/as fillos/as estarán custidiados por este equipo, Catoira, Rande, Panxón, Baralla e Becerreá, capitaneados polo xefe de estudos que nos deixou unha mensaxe de inicio.



No se anda con bromas o señor Dimitri!!



Está rodeado dun equipo moi competente!!

HORA DA COMIDA:

Proba de vida: 
De todas maneiras queridas familias amosámosvos unha mostra de que lles imos dar de comer, fame non pasarán aínda que traballo terán.
DESPOIS DE COMER:

Que mal o estamos pasando, téñennos traballando arreo para manter segura a illa
 



XA A TARDIÑA COMEZAMOS A ENSAIAR PARA SER VOS ACTORES E ACTRICES 
Queridas familias pola tarde estivemos preparando aos vosos/as fillos/as mediante técnicas de teatro co Macht de Improvisación Teatral, menudos/as artistas!!

 




















 E tamén nos dou tempo a remollarnos, porque menuda calor que fai nesa illa...

 


















CHEGOU A HORA DA CEA

Queridas mamás, papás e demais familiares non vos preocupedes que tamén nos deron de cear, estamos traballando arreo por iso hai que alimentarse ben.




Que cariñas de felicidade antes de comezar a nosa velada nocturna....











Buff que soniño que nos dou despois de este día tan intenso, mañá haberá mais e seguro que millor!!

BOAS NOITES FAMILIAS

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENCONTRO DA MOCIDADE 2019. 2º DÍA (20/08/2019)

COMEZA O DÍA, COMEZA A ROMARÍA. 20/08/2019 Chegamos a un novo día despois dunha noite bastante movida, con presenzas raras no aloxamento, ruídos, cousas de meigas din. Pero temos que seguir traballando arreo polo que nos poñemos mans á obra co noso obradoiro de técnica de cine mediante Stop Motion e aproveitamos para relaxarnos un pouquiño. Temos que coller forza xa que á tarde temos o esperado Scape Room, a ver que escapa O stop motion é unha técnica cinematográfica na que, a través dunha sucesión de imaxes fixas, simúlase o movemento de obxectos estáticos. Co stop motion, un obxecto inanimado manipúlase en pequenos movementos que son fotografados, e posteriormente esa combinación de imaxes permiten crear a ilusión de que ese obxecto móvese só, créase a ilusión de algo vivo. Á TARDIÑA. SACAPE ROOM Que sí que sí que nos teñen preparado un xogo de escape, non é broma, non sabemos se conseguiremos.  Unha mestura de ficción, realidade,

ENCONTRO DA MOCIDADE - SAN SIMÓN 2017

ENCONTRO DA MOCIDADE “SAN SIMÓN 2017” Breve descrición: encontro xuvenil en formato campamento onde o programa de   actividades lúdicas e   educativas reforzará valores como a convivencia, o respecto, a tolerancia e a igualdade. Destinatarios/as: 12 a 17 anos Datas e horario : 21,22,23,24 de agosto Lugar: Illa de San Simón Custe: 50€ empadroados/as; 147€ non empadroados/as. Inclúe: actividades, material, persoal titulado, pernocta en instalacións da Illa, manutención completa, seguridade. Material necesario : consultar información específica na OMIX. Prazo de inscrición: na OMIX desde   22 de maio ata 30 de xuño ou ata cubrir prazas (mínimo 25 e máximo 50 prazas). Consultar bases. Reunión coas familias e participantes : Venres 21 de xullo ás 13,00 h no Multiusos, Arcade www.soutomaior.com