O tema central deste ano é a Violencia en todas as súas manifestacións e como se xestiona este tema por parte da mocidade. Hai moitas formas de ser violentos/as: verbalmente, físicamente, etc. A finalidade é que a mocidade exprese dunha maneira lúdica o que pensa sobre este tema. Déixanos a tua opinión
Nesta ocasión a temática estará baseada no cinema cunha particular visión o CINEMA 3.0. As persoas participantes atoparanse durante a súa estancia en San Simón cun prató de cinema xa que a cinefilia, impregnará todas as actividades e terá presente a historia da Illa poñendo en valor o seu patrimonio material e inmaterial. Exemplos dalgunhas actividades: Concurso de interpretación de películas, xincana de Cinema, Cinema Trivial, obradoiros de caracterización, Keysroom scape, cluedo, gravación de curtas, etc Período de execución: do 19 a 22 de agosto (4 días/3 pernoctas) de 2019 Lugar: Illa de San Simón Número de prazas: O programa consta de 54 prazas. FICHA DE AVALIACIÓN FINAL Cubrir e enviar a partir do día 23 de agosto de 2019 PINCHANDO NESTE ENLACE: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeZQSVSHBsCPeF47HSPYn0vEBcMSLqsgNSwXo1DjAMV9g0hhA/viewform
Comentarios