Saltar ao contido principal

ENCONTRO DA MOCIDADE DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR 2017

ENCONTRO DA MOCIDADE DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR 2017

LUNS 21 DE AGOSTO


COMEZA A NOSA VIAXE POLO MÁXICO MUNDO DAS ARTES ESCÉNICAS

 Queridas familias, hoxe comezou a nosa viaxe polo mundo máxico das artes escénicas, como son moi simpáticos estxs monitorxs posamos para unha magnífica foto diante da capilla e.....sorpresa......primeiro remollón destes días, nos puxeron pingando!!!!


Despois do remollón nos explicaron unhas cousa interesantes para portarnos moi ben, e poder acadar os sansimonios, a prezada moeda da illa para poder canxear por cousas ricas na festa de despedida... fixemos uns xogos de presentación e de distensión para empezar a rir con moita gaña e nos marchamos para as habitacións a preparar as nosas cousas e ir directamente a comer, onde nos deron unha rica ensaladilla, polo con pasta e un postre de chocolate e crema...xa temos enerxía para afrontar a gran tarde na que conoceremos a Jaleo Jones e a Calma Croft....



XINCANA EN BUSCA DO TALENTO PERDIDO
Menudo Jaleo que fixo o señor Jones, menos mal que a señorita Calma Croft puxo un pouco de sentidiño e calma senón nos volvía tolos a todxs.
O labirinto das arañas, a tortura dos Jíbaros, O desfiladero a tribu dos caníbales, o paso do gorila feroz...menudas probas que tivemos que pasar para poder atopar o Talento perdido.









 VELADA NOCTURNA "TALENT SHOW"
Rematada esta gran aventura tivemos unha gran noite de Talentos co........TALENT SHOW!!!!!
Non paramos de bailar de bailar, para poder superar as probas que nos convertiron nuns grandes talentos musicais!! 
Menudos bailes.....

O mestre de cerimonias...





A durmir que xa son horas!!

MARTES 22 DE AGOSTO (DÍA DO CINE E O TEATRO)
Queridas familias, hoxe Martes 22 de Agosto a nosa viaxe nos levou ao mundo do Cine e do Teatro comezando á mañá cun Teatrillo de sombras chinescas, menudas historias que montaron os nosos intrépidos actores e actrices teatrais, 5 obras de teatro creadas exclusivamente por nós e valoradas por un xurado moi especial e curioso!!!!

TEATRO DE SOMBRAS CHINESCAS

 Así traballamos para amosar as nosas grandes creacións!!



 Menudo xurado profesional o que nos valorou, fixéronnos rir moito e aínda por riba nos concederon os famosos San Simonios....
E agora nos imos a comer que nos espera unha tarde e unha noite moi especial...

 Menuda tarde que nos prepararon os Monitores artistas, nada mais e nada menos que 2 xincanas, unha humorística teatral e outra para empaparnos REMOLLADOS!!!

XINCANA HUMORÍSTICA
 Traballamos o equilibrio!!
 O traballo en equipo!!

 Traballamos a expresión corporal coa imitación cómica de animais!!
  
Despois de rir e traballar a expresión corporal tocaba.....mollarse, unha xincana especial para refrescarse xa que na illa non nos podemos bañar por normativa interna o que fixemos e empaparnos na mesma, acabamos como non todos empapados cunha guerra de auga co equipo de catering incluido.
REMOLLADOS





 Acabamos totalmente empapados!!

Despois de empaparnos literalmente fumos cambiarnos e a cear porqué nos esperaba unha noite chea de misterio....literatura de suspense....un misterioso suceso ocorreu na illa e os nosos intrépidos aventureiros tiñan que descobrilo...iso sí con moito misterio e uns poucos sustos....  

                                                          MISTERIO NA ILLA
Hai 50 anos nesta illa estaba o hospital máis importante de Pontevedra, había leprosos, embarazadas, nenos, autistas.. e por suposto médicos e enfermeiras. Moitos enfermos que debían estar illados, debido á súa condición física ou psíquica. O hospital era moi grande, tiña habitacións por todas partes, corredores infinitos, o  bosque da illa  era  tenebroso  e  con árbores  moi  frondosas, normalmente ninguén adoitaba entrar porque era moi escuro, no hospital e as habitacións a maioría das veces íase a luz debido a un misterioso problema exceso de enerxía eléctrica que cremos inexplicable, xa que pasaron por aquí moitos electricistas e sempre dixeron que todo estaba correcto.
 
 
Os personaxes ás que tivemos que visitar foron:
MÉDICO HISTÉRICO: Moi falador, dando datos sen sentido todo o  intre. 
ENFERMEIRA FACHENDOSA: Moi fachendosa, narcisista, quere sempre estar a se mirar a un espello.
EMBARAZADA TOLA: Perdeu o bebe e está ao buscar todo o intre porque non llo cría. 
NENA TOLA: berra moito, é moi nerviosa, moi melosa e infantil. 
NENO AUTISTA: repite todo o tempo o mesmo, deben saber se é pista ou non eles decidirano.    SEÑORA LIMPEZA: obsesiva da limpeza.
O que imos tentar esta noite entre todos é descobrir que pasou, xa que é quinto día de lúa e cremos que hoxe é o día perfecto para investigar, debedes solicitar información que vaiades atopando, unha vez que volvamos reencontrarnos todos falaremos sobre se descubrimos algo do que pasou para así deixar de preocuparnos.

MÉRCORES 23 DE AGOSTO (DÍA DA MÚSICA E DO CIRCO)
Queridas familias, hoxe Mércores 23 de Agosto a nosa viaxe nos levou ao mundo da Música e do Circo comezando á mañá cun Obradoiro de Bolas Malabares para converternos en artistas de circo, e despois de elaboralas nos dispuxemos a ensaiar e a actuar diante do xurado circense que valorou a nosa creatividade e traballo en equipo!!!!
                                              Traballamos moi duro e de maneira moi divertida!




O xurado fixo unha demostración das súas cualidades circenses, menudos patosos que estaban feitos jejeje!!!
 Aquí se puxeron serios para valorar a nosa orixinalidade, creatividade e traballo en equipo, proba acadada!!!

E agora toca comer despois de tanto esforzo, nos espera unha tarde e unha noite moi moi musical...LIP-DUB e FESTA DISCO!!
Aquí nos alimentamos para esta tarde noite tan especial!!


Lip-Dub Encontro da Mocidade 2017
Quixemos facer unha actuación especial que quedase no noso recordo e como somos uns maravillosos artistas nos dispuxemos a facer un Lip-Dub que aquí vos amosamos queridas familias...
FESTA FINAL E VELADA DISCO SAN SIMÓN
Avecíñase unha noite moi longa, pero como din os nosos Monis San Simonianos: O QUE PASA NA ILLA, QUEDA NA ILLA. Moito desfrutamos co Photocall de elaboración propia, a disco San Simoniana e os bailoteos para durmir moito millor....longa noite...

 O Photocall feito por nós para posar antes de entrar na super festa que nos teñen preparada!!
 Aquí estamos canxeando os San Simonios que íamos gañando durante o Encontro coas tarefas e probas que superábamos.
 Moito bailamos e moito cantamos nesta última festa final!!






XOVES 24 DE AGOSTO (PASARELA DE ARTISTAS)
Despois dunha longa longa noite espertamos con pena de saber que é o noso último día aquí, con moitas sensacións (a parte do sono) e con millóns de gañas de volver a repetir esta intensa experiencia. Pero aínda nos queda un longo día, comezando por facer as nosas maletas, limpar, ordear nosa “casa” e asearnos.

 Tivemos unha visita moi especial á hora do almorzo, nos acompañou no mesmo o señor alcalde e a concelleira que se quixeron pasar para conversar un ratiño con nós, e nos sacaron na prensa, somos famosos!!!!!

Con todo preparado, imos dar unha última visita á nosa illa, os Monis deixáronnos unha cámara para poder facer fotos con todos os nosos compis, que xa sempre serán algo moi especial para nós. 

                                              A última estancia no noso salón de reunións...



 Que pena que esto remata!!! 
 En nome do equipo de monitores que formou parte do Encontro queremos felicitarvos queridas familias por eses xeniais fillos/as que tedes, foi un verdadeiro pracer e un luxo compartir estes días e experiencias.....
Ata o ano que ven QUERIDXS ARTISTAS!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

¿QUE VOS PARECEN AS ACTIVIDADES?

II ENCONTRO DA MOCIDADE DE SOUTOMAIOR

OBRADOIROS “ o encontro na rede!!! (creación do blog do encontro) Creación de curtametraxes Comida afrodisíaca Cócteles sen alcol Concerto de HIP – HOP E ROCK: Grupos locais: actúan Roneo, Hadivi e Fractura.