Nesta ocasión a temática estará baseada no cinema cunha particular visión o CINEMA 3.0. As persoas participantes atoparanse durante a súa estancia en San Simón cun prató de cinema xa que a cinefilia, impregnará todas as actividades e terá presente a historia da Illa poñendo en valor o seu patrimonio material e inmaterial. Exemplos dalgunhas actividades: Concurso de interpretación de películas, xincana de Cinema, Cinema Trivial, obradoiros de caracterización, Keysroom scape, cluedo, gravación de curtas, etc Período de execución: do 19 a 22 de agosto (4 días/3 pernoctas) de 2019 Lugar: Illa de San Simón Número de prazas: O programa consta de 54 prazas. FICHA DE AVALIACIÓN FINAL Cubrir e enviar a partir do día 23 de agosto de 2019 PINCHANDO NESTE ENLACE: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeZQSVSHBsCPeF47HSPYn0vEBcMSLqsgNSwXo1DjAMV9g0hhA/viewform
COMEZA UN NOVO DÍA, SEGUE A NOSA ROMARÍA. 21/08/2019 Chegamos a un novo día despois dunha noite bastante movida, coa nosa velada de misterio e unhas bromas que nos fixeron os artistas da Chabola de Cartón. Temos que seguir traballando arreo polo que nos poñemos mans á obra co noso obradoiro de caracterización e maquillaxe xa que a nosa curta será gravada pola tardiña. Vai ser que nos estamos caracterizando IMOS COMER Podedes estar tranquilos mamás e papás que nos dan de comer, collemos forza para a tarde que nos espera, a nosa curtametraxe do Encontro. E que millor maneira de empezar a comer cantando....... Que fame nos dou esta mañá a verdade!! Estamos en pleno rodaxe da nosa curtamentraxe , papás e mamás esto levo un tempo montalo polo que teredes noticias e visualizaredes o mesmo cando esté montado 😃 Mentres pasámolo moi mal a verdade, pero moi moi mal: A NOITIÑA Menuda festa qu...