Saltar ao contido principal

COMEZA A VIAXE. ENCONTRO DA MOCIDADE 2019. 1º DÍA (19/08/2019)



 CINE 3.0.

 ENCONTRO DA MOCIDADE SOUTOMAIOR 2019

DÍA 19/08/2019



Comezamos unha nova aventura na Illa de San Simón cargada de novas experiencias e misterios. Esta viaxe estará cargada de acertixos, probas, cine e por suposto moito "traballo" para poder completar as tarefas que nos marcará o equipo da "Chabola de Cartón". 

Sí sí queridos/as pais, nais e familiares, os/as vosos/as fillos/as estarán custidiados por este equipo, Catoira, Rande, Panxón, Baralla e Becerreá, capitaneados polo xefe de estudos que nos deixou unha mensaxe de inicio.



No se anda con bromas o señor Dimitri!!



Está rodeado dun equipo moi competente!!

HORA DA COMIDA:

Proba de vida: 
De todas maneiras queridas familias amosámosvos unha mostra de que lles imos dar de comer, fame non pasarán aínda que traballo terán.
DESPOIS DE COMER:

Que mal o estamos pasando, téñennos traballando arreo para manter segura a illa
 



XA A TARDIÑA COMEZAMOS A ENSAIAR PARA SER VOS ACTORES E ACTRICES 
Queridas familias pola tarde estivemos preparando aos vosos/as fillos/as mediante técnicas de teatro co Macht de Improvisación Teatral, menudos/as artistas!!

 




















 E tamén nos dou tempo a remollarnos, porque menuda calor que fai nesa illa...

 


















CHEGOU A HORA DA CEA

Queridas mamás, papás e demais familiares non vos preocupedes que tamén nos deron de cear, estamos traballando arreo por iso hai que alimentarse ben.




Que cariñas de felicidade antes de comezar a nosa velada nocturna....











Buff que soniño que nos dou despois de este día tan intenso, mañá haberá mais e seguro que millor!!

BOAS NOITES FAMILIAS

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O tema central deste ano é a Violencia en todas as súas manifestacións e como se xestiona este tema por parte da mocidade. Hai moitas formas de ser violentos/as: verbalmente, físicamente, etc. A finalidade é que a mocidade exprese dunha maneira lúdica o que pensa sobre este tema. Déixanos a tua opinión
¿QUE VOS PARECEN AS ACTIVIDADES?