Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2019

ENCONTRO DA MOCIDADE 2019. 3º DÍA (21/08/2019)

COMEZA UN NOVO DÍA, SEGUE A NOSA ROMARÍA. 21/08/2019 Chegamos a un novo día despois dunha noite bastante movida, coa nosa velada de misterio e unhas bromas que nos fixeron os artistas da Chabola de Cartón. Temos que seguir traballando arreo polo que nos poñemos mans á obra co noso obradoiro de caracterización e maquillaxe xa que a nosa curta será gravada pola tardiña. Vai ser que nos estamos caracterizando IMOS COMER Podedes estar tranquilos mamás e papás que nos dan de comer, collemos forza para a tarde que nos espera, a nosa curtametraxe do Encontro. E que millor maneira de empezar a comer cantando....... Que fame nos dou esta mañá a verdade!!  Estamos en pleno rodaxe da nosa curtamentraxe , papás e mamás esto levo un tempo montalo polo que teredes noticias e visualizaredes o mesmo cando esté montado 😃 Mentres pasámolo moi mal a verdade, pero moi moi mal:  A NOITIÑA Menuda festa que tivemos

ENCONTRO DA MOCIDADE 2019. 2º DÍA (20/08/2019)

COMEZA O DÍA, COMEZA A ROMARÍA. 20/08/2019 Chegamos a un novo día despois dunha noite bastante movida, con presenzas raras no aloxamento, ruídos, cousas de meigas din. Pero temos que seguir traballando arreo polo que nos poñemos mans á obra co noso obradoiro de técnica de cine mediante Stop Motion e aproveitamos para relaxarnos un pouquiño. Temos que coller forza xa que á tarde temos o esperado Scape Room, a ver que escapa O stop motion é unha técnica cinematográfica na que, a través dunha sucesión de imaxes fixas, simúlase o movemento de obxectos estáticos. Co stop motion, un obxecto inanimado manipúlase en pequenos movementos que son fotografados, e posteriormente esa combinación de imaxes permiten crear a ilusión de que ese obxecto móvese só, créase a ilusión de algo vivo. Á TARDIÑA. SACAPE ROOM Que sí que sí que nos teñen preparado un xogo de escape, non é broma, non sabemos se conseguiremos.  Unha mestura de ficción, realidade,

COMEZA A VIAXE. ENCONTRO DA MOCIDADE 2019. 1º DÍA (19/08/2019)

 CINE 3.0.  ENCONTRO DA MOCIDADE SOUTOMAIOR 2019 DÍA 19/08/2019 Comezamos unha nova aventura na Illa de San Simón cargada de novas experiencias e misterios. Esta viaxe estará cargada de acertixos, probas, cine e por suposto moito "traballo" para poder completar as tarefas que nos marcará o equipo da "Chabola de Cartón".  Sí sí queridos/as pais, nais e familiares, os/as vosos/as fillos/as estarán custidiados por este equipo, Catoira, Rande, Panxón, Baralla e Becerreá, capitaneados polo xefe de estudos que nos deixou unha mensaxe de inicio. No se anda con bromas o señor Dimitri!! Está rodeado dun equipo moi competente!! HORA DA COMIDA: Proba de vida:  De todas maneiras queridas familias amosámosvos unha mostra de que lles imos dar de comer, fame non pasarán aínda que traballo terán.   DESPOIS DE COMER: Que mal o estamos pasando, téñennos traballando arreo para manter segura a illa   X