Saltar ao contido principal

ENCONTRO DA MOCIDADE 2019. 2º DÍA (20/08/2019)



COMEZA O DÍA, COMEZA A ROMARÍA. 20/08/2019


Chegamos a un novo día despois dunha noite bastante movida, con presenzas raras no aloxamento, ruídos, cousas de meigas din.

Pero temos que seguir traballando arreo polo que nos poñemos mans á obra co noso obradoiro de técnica de cine mediante Stop Motion e aproveitamos para relaxarnos un pouquiño.

Temos que coller forza xa que á tarde temos o esperado Scape Room, a ver que escapa


O stop motion é unha técnica cinematográfica na que, a través dunha sucesión de imaxes fixas, simúlase o movemento de obxectos estáticos. Co stop motion, un obxecto inanimado manipúlase en pequenos movementos que son fotografados, e posteriormente esa combinación de imaxes permiten crear a ilusión de que ese obxecto móvese só, créase a ilusión de algo vivo.





Á TARDIÑA. SACAPE ROOM

Que sí que sí que nos teñen preparado un xogo de escape, non é broma, non sabemos se conseguiremos. 
Unha mestura de ficción, realidade, tecnoloxía, destreza mental, axilidade e rapidez. ¿Serán capaces de unirse e resolver os misterios que lles esperan?








Mentres outros grupos están adestrando físicamente para afrontar estes días de duro Encontro da Mocidade, buff que mal nolo están facendo pasar...













IMOS CEAR

Para amenizar a cea estes artistas nos adicaron a todos/as un baile moi moi divertido




Á NOITIÑA

Despois de esta tarde atareada tivemos unha noite moiiiiiiiii longa, moiiiiii misteriosaaaaa, moito medoooooooo e con moita bromaaaaaaaa!!



 



E despois para que durmiran prácidamente e tivesen un bo despertar fixemos unhas pequenas bromas!!!






Bufff despedímonos ata mañá que nos espera un día longooooooooooooooooooo

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O tema central deste ano é a Violencia en todas as súas manifestacións e como se xestiona este tema por parte da mocidade. Hai moitas formas de ser violentos/as: verbalmente, físicamente, etc. A finalidade é que a mocidade exprese dunha maneira lúdica o que pensa sobre este tema. Déixanos a tua opinión
¿QUE VOS PARECEN AS ACTIVIDADES?