Nesta ocasión a temática estará baseada no cinema cunha particular visión o CINEMA 3.0. As persoas participantes atoparanse durante a súa estancia en San Simón cun prató de cinema xa que a cinefilia, impregnará todas as actividades e terá presente a historia da Illa poñendo en valor o seu patrimonio material e inmaterial. Exemplos dalgunhas actividades: Concurso de interpretación de películas, xincana de Cinema, Cinema Trivial, obradoiros de caracterización, Keysroom scape, cluedo, gravación de curtas, etc Período de execución: do 19 a 22 de agosto (4 días/3 pernoctas) de 2019 Lugar: Illa de San Simón Número de prazas: O programa consta de 54 prazas. FICHA DE AVALIACIÓN FINAL Cubrir e enviar a partir do día 23 de agosto de 2019 PINCHANDO NESTE ENLACE: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeZQSVSHBsCPeF47HSPYn0vEBcMSLqsgNSwXo1DjAMV9g0hhA/viewform
Comentarios
Paréceme, de tódalas actividades que se fixeron para a xuventude, a mellor de todas. Foi unha idea estupenda facer esta xuntanza. Os obradoiros parecéronme todos estupendos. Os xóvenes portáronse de marabilla participando e animando. Estou seguro que para o ano que ven o número de participantes será moitísimo mais alto.
Felicitacións para os organizadores (ou organizadora), felicitacións para o concello, felicitacións para os monitores e felicitacións para os xóvenes que foron os verdadeiros protagonistas.
De todos lo xeitos hai que seguir facendo máis actividades e variadas para todos en xeral.